Sen falecementos de persoas con covid-19 por segunda vez nesta semana

As vítimas mortais da pandemia mantéñense en 2.417.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2021 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non comunicou falecementos de persoas con covid-19 por segunda vez nesta semana, polo que as vítimas mortais da pandemia se manteñen en 2.417.

Este sábado foi a segunda xornada desta semana na que as autoridades sanitarias galegas non notificaron falecementos de persoas diagnosticadas de covid-19 despois de que este xoves tampouco se informase de ningunha vítima.

Os últimos falecementos foron comunicados polas autoridades galegas este venres, cando se informou da morte de dúas persoas diagnosticadas de coronavirus que presentaban patoloxías previas.

En concreto, Sanidade indicou que ambos os falecementos tivera lugar o día anterior, este xoves. Así, un home de 83 anos morreu no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos e unha muller de 94 faleceu no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Un profesional atende unha persoa con covid. GOBERNO DE CANARIAS - Arquivo
Un profesional atende unha persoa con covid. GOBERNO DE CANARIAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta