O Concello de Sanxenxo nega que se autorice un evento taurino na localidade

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/05/2021 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O Concello de Sanxenxo negou "categoricamente" que se autorice evento taurino ningún na localidade.

Así o trasladou despois de que varios medios publicasen que a Fundación Toro de Lida tiña previsto celebrar unha 'novillada' na localidade pontevedresa o próximo 24 de xullo, véspera do Día de Galicia.

O Concello negouno e sinalou, ademais, que ata a data non hai constancia de que se presentase documentación ningunha respecto diso para a celebración dun evento de tales características.

Corrida de touros
Corrida de touros | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta