Domingo de calor: as máximas superarán os 25 graos e Ourense rozará os 35

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2021 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Galicia vive un fin de semana con temperaturas de verán e as máximas superarán este domingo os 25 graos en gran parte do país.

Así o reflicte o mapa de Meteogalicia, que tamén indica que a cidade de Pontevedra rozará os 30 graos e a de Ourense, os 35. En Vigo e Santiago, a predición do centro meteorolóxico indica que as máximas poderían alcanzar os 27 e os 26 graos, respectivamente.

A máxima en Lugo sitúase en 25 graos; mentres que as cidades Ferrol e A Coruña estarán por baixo, con 23 e 22 graos en cada un dos casos.

Primavera en Galicia
Primavera en Galicia | Fonte: Pixabay.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta