"Marca de afluencia" no Bike Park da Estación de Manzaneda no fin de semana de reapertura

Foron 250 persoas as que visitaron as instalacións para gozar neste día de domingo.

Por E.P. | OURENSE | 30/05/2021 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

A Estación de Montaña de Manzaneda informou da "marca de afluencia" rexistrado polo Bike Park no seu fin de semana de reapertura. En total, foron 250 persoas as que visitaron as instalacións, ben con pases para gozar dos descensos en bicicleta de montaña polas cinco pistas habilitadas ou das vistas que ofreceron as viaxes ilimitadas en telesilla.

Outro dos propósitos cumpridos foi o de abrir a todos os públicos os 11 quilómetros habilitados para os descensos en bicicleta. Son un total de 5 pistas de diferente nivel, sendo a de Medras a escollida para aqueles que queiran empezar a mergullarse no mundo dos bikers ou que queren gozar da contorna natural en familia.

O sábado e o domingo puido verse a pequenos afeccionados coas súas bicis gozar dunha xornada de sol que contou co servizo de restauración A Tasquiña como punto de descanso e encontro. A experiencia volverá repetirse o próximo fin de semana, 5 e 6 de xuño, cando as instalacións volverán abrirse parcialmente á espera de que o 12 de xuño todos os servizos da Estación de Montaña Manzaneda estean operativos ao 100%.

Bike Park na Estación de Manzaneda
Bike Park na Estación de Manzaneda | Fonte: Estación de Manzaneda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta