Baixan os novos contaxios pero soben os hospitalizados con Covid

Os casos activos seguen en descenso até os 2.262 e a taxa de positividade ascende a un 2,4%.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/05/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Galicia inicia esta semana cunha repunta dos hospitalizados pola Covid-19 a 125 pacientes, oito máis que a xornada anterior, e un descenso dos novos contaxios a 76, que supoñen 48 menos, mentres que os casos activos manteñen a tendencia descendente e redúcense a 2.262.

Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020. No centro l. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020. No centro l. Carlos Castro - Europa Press

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, os pacientes Covid en UCI ascenden a 31, tres máis, e os hospitalizados noutras unidades soben a 94, cinco máis, polo que hai 125 ingresados. Mentres, 2.137 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe nas de Santiago e Barbanza, Ourense, Pontevedra e O Salnés e Lugo, mentres que se mantén nas da Coruña e Cee, Vigo e Ferrol. En concreto, na de Santiago e Barbanza seguen cinco pacientes Covid en UCI mentres soben a 21 os doutras unidades --tres máis--; e na de Lugo continúan tres en críticos e ascenden a 12 os doutras unidades --tres máis--.

Tamén na de Pontevedra e O Salnés seguen catro pacientes en UCI debido á Covid-19 e aumentan a 11 os doutras unidades --un máis-- e na de Ourense continúan seis en críticos e increméntanse a sete os doutras unidades --un máis--.

Nas outras tres áreas mantense a presión hospitalaria. No caso da Coruña e Cee seguen catro pacientes en UCI e 23 noutras unidades; na de Vigo aínda que aumentan a sete os críticos --dous máis-- baixan a 18 os doutras unidades --dous menos--; e na Ferrol hai dúas en UCI --un máis-- e dúas noutras unidades --un menos--.

MENOS CASOS ACTIVOS

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 no conxunto de Galicia seguen coa tendencia descendente e encadean nove xornadas consecutivas de caída até situarse nos 2.262, que supoñen 38 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (114) que novos contaxios (76).

Salvo nas áreas sanitarias de Lugo (+9) e Ferrol (+1) nas que aumentan lixeiramente as infeccións activas, nas outras cinco descenden: A Coruña e Cee (-16); Vigo (-13); Ourense (-8); Pontevedra e O Salnés (-6) e Santiago e Barbanza (-5).

Deste xeito, a área de Vigo mantense á cabeza en infeccións activas, con 665; seguida da de Santiago e Barbanza, con 410; tras a que se coloca a da Coruña e Cee, con 402; Pontevedra e O Salnés, con 270; Lugo, con 253; Ourense, con 170; e á cola continúa Ferrol, con 92.

MENOS DE 100 CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados por calquera tipo de proba descenderon por baixo do centenar --feito que sucedeu o martes da semana pasada-- até os 76, que supoñen 48 menos que os 124 do día anterior.

Do total de positivos, 75 foron confirmados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos difundidos por Sanidade, deles 18 na área de Vigo; 16 na de Lugo; 11 na de Pontevedra e O Salnés; 10 na de Santiago e Barbanza; nove na da Coruña e Cee; seis na de Ferrol; e cinco na de Ourense.

En canto á taxa de positividade aumentou un 2,45 por cento tras manterse a semana pasada por baixo do 2%. Por tanto, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta