O soldo dos empregados públicos

Os servidores públicos suxeitos ao Dereito Laboral están tan expostos aos despedimentos colectivos ou á amortización dos seus postos de traballo como calquera empregado do sector privado.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 11/11/2013

Comparte esta noticia

Velaí a recente perda de ducias de postos de traballo na  Consellaría de Traballo e Benestar por mór da aprobación da súa relación de postos de traballo.. Por outra banda, ninguén pode negar o curto da remuneración dos nosos sanitarios, mestres, bombeiros ou policías, mais esta insuficiencia retributiva  predícase tamén dos funcionarios da Administración  xeral autonómica ou local e, tamén, da Administración de Xustiza.

O problema das retribucións agrávase, asemade, pola carga de traballo que as suicidas políticas de austeridade impoñen no sector público. A Consellarían de Xustiza non achega substitutos para baixas e vacacións, penalizando de primeiras ao conxunto dos funcionarios que han cobrir o déficit xerado polos compañeiros non substituídos e, ulteriormente aos cidadáns usuarios.

Ademáis,  a  prohibición  das reposicións de vacantes por xubilación manca os servizos  públicos e prexudica a imparcialidade da súa prestación. Se un concello galego ten un único enxeñeiro e éste xubílase non se vai cobrir a súa vacante. Xa que logo, o concello terá que buscar os seus servizos nunha consultoría privada, probábelmente ben máis mandadiña aos desexos do alcalde. U-lo aforro? E xa non falemos do dano que lle vai causar  no próximo futuro á Sanidade galega a xubilación obrigada aos 65 de todos os seus médicos.

Os nosos servidores públicos son bos, demostrárono abondo a noite do accidente do Alvia. E traballan por poucos cartos en contornas complexas.  Isto non quita recoñecer que os  autónomos traballemos tamén nunhas condicións difíciles, mais non existe confrontamento entre  os intereses duns e doutros. O que poden existir son dirixentes políticos interesados en xerar este conflito.

A arrincadeira: suvencionan o ensino segregacionista 

Moi mal  amosa andar o Goberno do Estado  de prioridades. Velaí a blindaxe das axudas e subvencións ás touradas, ao recoñecelas patrimonio inmaterial e as subvencións aos colexios que segregan por sexo, até de agora ilegais e agora incorporadas á nova LOMCE. Mentres, avanza o deterioro do ensino público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.