O PPdeG presentará alegacións á nova tarifa eléctrica por ser un "machadazo fiscal"

Prado defende o bono eléctrico da Xunta e suxire reducir o IVE á luz do 21 ao 10% "polo menos agora en plena pandemia"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2021 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A viceportavoz do PP no Parlamento de Galicia Paula Prado cargou este luns contra a nova tarifa eléctrica que entrará en vigor este martes, 1 de xuño, por ser "un machadazo fiscal" que afectará as familias "máis necesitadas".

Nunha rolda de prensa tras a reunión semanal do Grupo Popular, lembrou que a Xunta xa anunciou que presentaría alegacións a esta nova factura que "incrementa aos fogares" o prezo enerxético ao redor de "66 euros máis ao ano".

"Este machadazo fiscal do Goberno de España ás economías das clases medias e baixas, disfrazado de 'imos subir impostos aos ricos', a verdade é que está a afectar ás familias máis humildes", lamentou.

Neste contexto, Paula Prado reivindicou que a Xunta pon en marcha liñas de axudas para "apoiar ás familias" como o 'Bono Eléctrico', no que investiu "este ano 1,6 millóns de euros", á vez que suxeriu ao Executivo central medidas como "a rebaixa do IVE" da luz do 21 ao 10 por cento, "polo menos agora en plena pandemia".

Ademais, a viceportavoz dos populares na Cámara criticou as políticas enerxéticas levadas a cabo polo Goberno de España, que expoñen unha "transición inxusta e desordenada".

"O peche das centrais térmicas sen ter unha alternativa de tecnoloxía de substitución leva agora a esta situación e afecta directamente á economía das familias e tamén das industrias", aseverou.

A viceportavoz parlamentaria do PPdeG Paula Prado en rolda de prensa. PPDEG
A viceportavoz parlamentaria do PPdeG Paula Prado en rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta