Investigan un home como presunto autor dun incendio forestal causado por un escape de queima en Celanova

Este incendio afectou a 0,03 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción requiriuse dun axente e unha motobomba.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2021 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica investigou a un individuo como presunto autor dun incendio forestal causado por un escape de queima de restos agrícolas no municipio ourensán de Celanova.

Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta, axentes da Policía Autonómica da xefatura de Ourense esclareceron o incendio rexistrado o pasado 27 de maio no lugar da Ramallosa, na parroquia de Santa María de Fechás, en Celanova.

O lume orixinouse debido a un escape de queima de restos agrícolas que, puntualizan as mesmas fontes, o presunto autor realizaba "sen adoptar as debidas medidas de precaución".

Iso provocou, indicou a Policía Autonómica, que se propagase ao resto da leira, lindante con superficie forestal. Este incendio afectou a 0,03 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción requiriuse dun axente e unha motobomba.

No que vai de ano o Grupo de Incendios da Policía Autonómica investigou a 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais en Galicia.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta