O BNG levará ao Congreso a derrogación da reforma laboral: "hai que pasar das promesas aos feitos"

Insta ao Executivo a pasar "da propaganda á realidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno pasar "das promesas aos feitos" e derrogar as reformas laborais promovidas entre os anos 2010 e 2012. Mentres non se aprobe unha nova lexislación, expuxo, xunto ao secretario xeral da CIG, Paulo Carril, aplicar a existente con anterioridade ás reformas de PSOE e PP.

Ambos compareceron, tras unha reunión, en rolda de prensa, para anunciar que o BNG rexistrará este martes unha proposición non de lei, para o seu debate en comisión no Congreso, na que se esixirá a derrogación das citadas reformas laborais ante o "incumprimento deste compromiso", dixo Rego sobre o Executivo central.

"É necesario e urxente", expuxo, á súa vez, Paulo Carril, quen argumentou que "de perderse máis tempo, a saída da crise será só favorable aos intereses do capital e das empresas". "É o momento de que se pase das palabras aos feitos e da propaganda á realidade", manifestou, á súa vez, o deputado do BNG.

ERTE "Á CARTA"

Por outra banda, no actual contexto, o secretario xeral da CIG cuestionaron a "sucesión" de expedientes de regulación temporal de emprego (ERE) e dos ERTE e o "despedimento masivo de traballadores temporais" durante esta crise.

"Non pode haber á carta", dixo sobre os expedientes de regulación temporal de emprego. Ademais, denunciou que o diálogo social "converteuse en enterrador de dereitos laborais e de calquera expectativa que significase unha dignificación do posto de traballo". "Cos recursos públicos destinados aos ERTE podíase garantir o salario dos traballadores", expuxo á súa vez Néstor Rego en relación ás medidas do Goberno. "Non se pode autorizar os despedimentos", argumentou tamén.

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa, en Madrid (España), a 30 de novembro de 2020. O Pleno afronta desde hoxe a fase final do debate do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. EUROPA PRESS
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén durante unha sesión plenaria na Cámara Baixa, en Madrid (España), a 30 de novembro de 2020. O Pleno afronta desde hoxe a fase final do debate do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado. EUROPA PRESS | Fonte: R.Rubio.POOL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta