O comité clínico dará continuación por "un tempo" aos límites de reunións e estudará os niveis de cada concello

A reunión está prevista para este martes 1 de xuño ás 18:00 e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que "non creo que hoxe avancemos moito máis".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avoga por "manter un tempo máis" os límites ás reunións en Galicia e avanzou que o comité clínico deste martes limitarase a avaliar a situación epidemiolóxica e os niveis de restricións de cada municipio.

En declaracións aos medios tras asistir á Xunta Directiva do PPdeG en Santiago de Compostela, confirmou que a reunión do máximo órgano asesor da Xunta durante a pandemia, prevista para as 18,00 da tarde, dedicarase "fundamentalmente" a revisar os datos por concellos e o avance da vacinación. "Non creo que hoxe avancemos moito máis", apostilou.

Ademais, abordou a posibilidade de que en próximas semanas se relaxen os límites ao dereito de reunión, fixado agora mesmo nun máximo de 10 persoas en exteriores e a seis en interiores, aínda que de 1,00 a 6,00 da madrugada están prohibidas as de non convivientes.

Nesta mesma liña pronunciábase este luns, a exconselleira de Sanidade e integrante do comité Pilar Farjas, quen apuntaba a un horizonte de "dúas semanas" para relaxar restricións como a mobilidade nocturna e o de dereito a reunión.

Neste contexto, Comesaña asegurou que os límites aos grupos, que rexen desde este fin de semana, manteranse "un tempo máis" en función da situación epidemiolóxica, que "segue afortunadamente baixando". "Exporemos, de cara ás próximas semanas, novas actualizacións para permitir aos poucos esa normalidade ansiada por todos", avanzou.

Non en balde, o conselleiro de Sanidade aproveitou para agradecer o labor dos servizos xurídicos da Xunta para implementar estas medidas que seguidamente foron remitidas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que "valorou e validou esa proporcionalidade" nas restricións de dereitos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña / Europa Press. / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta