Feijóo deberá responder sobre as políticas ambientais e o "espolio" enerxético no pleno da semana que vén

A sesión estará marcada igualmente por cuestións relacionadas coa nova tarifa eléctrica que acaba de entrar en vigor.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

As políticas ambientais nas que o PSdeG pon un "suspenso rotundo" á Xunta --en palabras de Pablo Arangüena-- e o "espolio enerxético", como cuestión que levará o BNG, serán as preguntas ás que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, deberá responder o pleno da semana que vén. A sesión estará marcada igualmente por cuestións relacionadas coa nova tarifa eléctrica que acaba de entrar en vigor.

Ademais das preguntas ao xefe do Executivo autonómico, o pleno abordará a petición do BNG para que o custo da luz pase a ter un tipo impositivo súper reducido en lugar de tributar igual que "un Jaguar ou un paquete de tabaco". Neste sentido, a viceportavoz do Grupo do BNG, Olalla Rodil, lembrou que paga o mesmo imposto unha persoa que gaña "5.000 euros ao mes" que a que cobra a Risga ou unha pensión non contributiva.

Pola súa banda, os populares tamén levan a cuestión eléctrica á sesión plenaria, cunha proposición non de lei que ten que ver coas alegacións presentadas pola Xunta.

A biodiversidade, o pacto do fondo de cooperación local e a presenza de mulleres nos órganos de administración de sociedades súmanse a un pleno no que comparecerá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, para abordar a situación creada polo recurso interposto polo Ministerio de Transición Ecolóxica con respecto ao plan xeral de explotación marisqueira para o período 2021-2023.

Comisión no Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA
Comisión no Parlamento de Galicia. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta