Un novo morto eleva a 4.420 os falecidos en Galicia con covid-19

Trátase dun home de 74 anos en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 01/06/2021 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A morte dun home de 74 anos en Pontevedra eleva o número de falecidos con diangóstico covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia a 4.420.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

O falecemento deste home foi comunicado na tarde deste martes polas autoridades sanitarias, aínda que se produciu na xornada do luns. Atopábase ingresado no CHOP e tiña patoloxías previas.

Con esta morte, Galicia suma 4.420 falecidos vinculados á pandemia desde marzo de 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta