A Federación Galega de Comercio repartirá cartóns prepagamento de ata 250 euros para incentivar o consumo

Agardan que se superen os 100.000 tickets de compra rexistrados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Comercio repartirá cartóns prepagamento de ata 250 euros para incentivar o consumo en locais de proximidade do sector a través dunha campaña que se desenvolverá entre o 7 e o 30 de xuño.

Nunha rolda de prensa celebrada este mércores en Santiago, o presidente da federación, José María Seijas, avanzou que a sétima edición da campaña 'Días Azuis', a Xunta e entidades do sector, levará a cabo nun centenar de municipios galegos e busca exercer como "estimulador" do comercio de proximidade, que representou "un dos grandes prexudicados" da pandemia.

En concreto, detallou que no marco da campaña de promoción repartiranse premios por valor de 12.000 euros, que achegará Abanca, mediante 64 cartóns dotados de 150 ou 250 euros que se poderán gastar en comercios de proximidade.

Para acceder a estes bonos, que se adxudicarán mediante un sorteo que se realizará ante notario o próximo 5 de xullo, deberán rexistrarse os recibos que acrediten compras realizadas en comercios de proximidade entre o 7 e o 30 de xuño a través da páxina web da campaña.

Ademais, os consumidores poderán solicitar aos comerciantes que rexistren a súa compra para duplicar as súas opcións de acceder aos cartóns prepagamento.

Seijas confiou en que nesta edición da campaña se superen os 100.000 tickets de compra rexistrados e avanzou que a próxima terá lugar en novembro. O presidente da federación apuntou que esta iniciativa se suma ao programa Bonos Activa Comercio da Xunta, que está en marcha ata agosto.

OBXECTIVOS

Deste xeito, sinalou que se aspira a "recuperar os hábitos de consumo perdidos estes meses" debido á situación sanitaria e as restricións aplicadas debido á mesma.

Aínda que destacou a mellora das vendas observada no sector "estes días" en comparación con datos de 2019, lembrou que ao redor de 30.000 traballadores galegos permanecen en situación de Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) e fixo fincapé en que "moitos comerciantes" non poden recuperar a "todos" os seus empregados debido á situación actual.

O presidente da Federación Galega de Comercio, o director xeral de Comercio e o director de Banca de Particulares de Abanca
O presidente da Federación Galega de Comercio, o director xeral de Comercio e o director de Banca de Particulares de Abanca | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta