Cal é o papel das mulleres na ciencia?

A Deputación de Pontevedra realiza o "II Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos" e porá en valor o papel das mulleres na ciencia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 02/06/2021 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O Pazo Provincial de Pontevedra acollerá o xoves 3 de xuño unha xornada de charlas semipresencias sobre a improtancia da muller na ciencia. A actividade, organizada pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra, enmárcase dentro do "II Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos". As conferencias celebraranse ás 19.00 horas no Salón de plenos do Pazo Provincial de Pontevedra. 

Aida Fernández Ríos no seu ingreso na RAGC
Aida Fernández Ríos no seu ingreso na RAGC | Fonte: RAGC

Na primeira charla, "Mulleres na ciencia, mulleres na sombra" farase un repaso á presenza das mulleres na ciencia e nas universidades galegas, destacando a figura de Jimena Fernández de la Vega, nomeada Científica Galega do Ano 2021 pola RAGC. Será impartida pola doutora en Bioloxía da USC e especialista en estudos de xénero, Xoana Pintos, quen recorda "a desvalorización e a ocultación dun gran número de mulleres científicas" na historia da ciencia moderna".

"Aida: máis que Ciencia" é a segunda das conferencias, impartida neste caso pola investigadora científica do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, Carmen González Sotelo, e polo catedrático da Área de Física da Terra da Universidade de Vigo, Gabriel Rosón. Ambos traballaron con Aida Fernández, considerada unha das principais expertas de Europa na relación entre as emisións  de dióxido de carbono e o aumento da acidez na auga do mar. A súa traxectoria fixo que fose galardoada co premio Galega Destacada  no 2001 e foi a terceira muller en ingresar da RAGC. 

As charlas, de carácter presencial e online, son de carácter gratuíto, con previa inscrición na páxina web da Deputación de Pontevedra. O II Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, no que se enmarcan os actos, ofrece diferentes relatorios entre abril e xullo e impartirá conferencias presenciais en institutos de Secundaria e Bacharelato de setembro a decembro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta