Convocados a cribados 830 traballadores da hostalaría e 93 do sector do taxi de Pontevedra

Serán esta fin de semana, no aparcadoiro lateral exterior do Hospital Provincial.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 02/06/2021 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocou a 830 profesionais da hostalaría e 93 efectivos do sector do taxi no concello de Pontevedra a cribados esta fin de semana para detectar casos de Covid-19.

Dispositivo de cribado masivo
Dispositivo de cribado masivo | Fonte: Europa Press.

Así o informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que explicou que dada a incidencia actual da Covid-19 no concello de Pontevedra planificouse para a fin de semana novos cribados preventivos mediante PCR a colectivos profesionais do sector da restauración e a hostalaría, con 830 profesionais citados, así como no sector do taxi --con 93 convocados--.

As mesmas fontes sanitarias destacaron que o obxectivo destes cribados con PCR pasa por determinar preventivamente as posibles infeccións por coronavirus nestes grupos específicos, que desenvolven o seu labor cotián cun "alto grao de mobilidade e en permanente contacto cun amplo número de cidadáns", engaden.

Esta acción preventiva levarase a cabo este sábado 5 e domingo 6 de xuño en quendas de mañá e tarde nun punto PCR emprazado ao fondo do aparcadoiro lateral exterior do Hospital Provincial de Pontevedra, con acceso á rúa Loureiro Crespo.

O Sergas lembra á poboación "a necesidade aínda permanente do cumprimento das normas ante a Covid-19", como utilización de máscara, hixiene de mans, distancia de seguridade e ventilación de espazos interiores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta