Case 800.000 euros procedentes da Xunta para reforzar a seguridade e limpeza da Catedral de Santiago

Os acordos autorizados este mércores tradúcense en convenios de colaboración que se estenderán ao longo deste 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia destinará un total de 780.000 euros a reforzar o mantemento e a seguridade da Catedral de Santiago con motivo das necesidades especiais do Ano Santo, que nesta ocasión celebrarase durante 2021 e 2021.

En concreto, o Consello da Xunta autorizou este mércores a firma de dous acordos entre a Vicepresidencia Primeira, a Fundación Catedral de Santiago e a S.A.M.I. Catedral de Santiago para o reforzo da seguridade e apoio ao funcionamento da limpeza no complexo catedralicio.

Ambos os convenios súmanse ao autorizado o pasado de abril tamén coa Catedral por un importe total de 162.000 euros, o que supón que a Xunta achegará algo máis de 941.000 euros para garantilos servizos de limpeza, mantemento e seguridade necesarios ante as novas circunstancias derivadas da covid-19 e a celebración Ano Santo Xacobeo.

Os acordos autorizados este mércores tradúcense en convenios de colaboración que se estenderán ao longo deste 2021. O primeiro deles, por importe de case 574.000 euros, destínase ao reforzo do persoal de seguridade no complexo catedralicio (templo e oficina de atención ao peregrino) co obxectivo de dispor de resposta rápida ante os casos de emerxencia, ademais de reforzo das medidas de seguridade de peregrinos e visitantes de carácter cotián.

O segundo, por importe de 205.590 euros, está orientado ao apoio dos custos adicionais derivados da implantación das medidas de prevención da covid-19 no complexo catedralicio e, por tanto, do reforzo este ano da limpeza e das actuacións de mantemento, entre outras mdedias.

Unha parella de peregrinos toma unha foto na Catedral de Santiago durante a ponte de San Xosé / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Unha parella de peregrinos toma unha foto na Catedral de Santiago durante a ponte de San Xosé / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta