Estibadores de Ferrol reclaman melloras sociais e económicas no porto da cidade

Os concentrados quedaron emprazados a unha nova mobilización a realizar de novo dentro dunha semana, xa que aprobaron en asemblea manter as protestas de non darse unha solución ás súas demandas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Estibadores encargados de realizar operacións nos dous portos de Ferrol, interior e exterior, concentrouse na tarde deste mércores ante a sede da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibao, para reclamar un convenio provincial "digno".

A convocatoria desta protesta realizouna o sindicato CIG, cuxo secretario confederal de Emprego, Fran Cartelle, trasladou que a patronal do sector "pretende conxelar as condicións laborais establecidas" no convenio e que ofrecen aplicar un incremento salarial "ridículo do 0,5% para o ano 2020 e o IPC real para o ano 2021".

Cartelle incidiu en que a parte empresarial "négase a falar de melloras na xornada, de licenzas, de categorías profesionais ou incapacidades temporais", é dicir, "melloras de condicións sociais".

A CIG traslada que a asemblea de traballadores "esixe a negociación dun convenio onde se negocien as melloras sociais" e que, a pesar deste sentido, "a posición de CCOO e UGT na mesa de negociación do convenio, é a de asumir a tese da patronal, de limitarse a negociar só un incremento salarial para os anos 2020 e 2021, esquecendo o resto de reivindicacións sociais que se incluían na plataforma sindical conxunta".

Os concentrados quedaron emprazados a unha nova mobilización a realizar de novo dentro dunha semana, xa que aprobaron en asemblea manter as protestas de non darse unha solución ás súas demandas.

Concetración ante a sede da Autoridade Portuaria de Ferrol dos traballadores da estiba. CEDIDA / TRABALLADORES / Europa Press
Concetración ante a sede da Autoridade Portuaria de Ferrol dos traballadores da estiba. CEDIDA / TRABALLADORES / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta