Outras dúas mortes con covid elevan a 2.422 as vítimas da pandemia en Galicia

Tiñan 97 e 81 anos respectivamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

A morte doutras dúas persoas diagnosticadas con covi-19 en Galicia eleva a 2.422 as vítimas da pandemia na Comunidade galega desde marzo de 2020.

Segundo trasladaron as autoridades sanitarias na tarde deste mércores, os dous últimos decesos vinculados á crise sanitaria producíronse na xornada do martes 1 de xuño.

Trátase dunha muller de 97 anos que se atopaba hospitalizada no CHUVI e outra muller de 81 anos ingresada no CHOP. Ambas tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando a pacientes covid dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta