As reservas do grupo sanguíneo A negativo seguen baixas

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazará unidades móbiles a distintos puntos de Galicia a próxima semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2021 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

As reservas do grupo sanguíneo A negativo (A-) seguen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-), Cero positivo (0+) e A positivo (A+) permanecen normais. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra que os hospitais galegos necesitan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo adecuadamente o seu labor asistencial.

Co fin de facilitar a doazón o vindeiro luns, 7 de xuño, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Narón --zona A Gándara--; A Coruña --zona Catro Camiños e edificio Casa do Mar--; Ordes --detrás do Concello-- e Outes --á beira do centro de saúde--.

Tamén o luns ADOS enviará unidades á localidade lucense de Foz --diante do Concello-- e ás ourensás de Lobeira --xunto ao centro de saúde-- e Bande --diante do Consistorio--. Así mesmo, o luns 7 unidades móbiles acudirán aos concellos pontevedreses de Marín --xardíns da Alameda--; Redondela --diante do Consistorio-- e Mos --Polígono de San Eleuterio--.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promove a doazón.. AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promove a doazón.. AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta