Case 15.000 opositores para 208 prazas da agrupación profesional e ordenanzas da Xunta

As probas celebraranse o próximo 4 de xullo en quendas de mañá e tarde en tres puntos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/06/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

Un total de 14.746 aspirantes participarán nas oposicións para facerse cunha das 208 prazas da agrupación profesional e ordenanzas da Xunta, que se celebrarán o próximo 4 de xullo en quendas de mañá e tarde en tres puntos.

Así, as probas selectivas terán lugar no recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela, o recinto da Feira internacional de Silleda en Pontevedra e o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, onde un operativo formado por 214 persoas controlará que todo o proceso selectivo se desenvolva de maneira correcta e con total seguridade.

Alumnos en exames de oposicións
Alumnos en exames de oposicións | Fonte: XUNTA - Arquivo.

Dos procesos que foron suspendidos pola pandemia, esta é a convocatoria con maior número de persoas inscritas.

Xunta sinala que o anuncio das datas foi comunicado "despois de que as autoridades sanitarias autorizasen a súa celebración seguindo protocolos que garanten a súa realización con todas as garantías sanitarias e conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade".

O proceso contará cun protocolo elaborado polas autoridades sanitarias que establece, entre outras medidas, que só os participantes e o persoal implicado no desenvolvemento da proba pode acceder aos edificios que acollerán os exames.

Por tanto, os opositores deberán acudir sós ás probas, agás naqueles casos que requiran asistencia. Terán que presentarse á hora indicada e gardar a distancia de seguridade en todo momento. Os seus obxectos persoais deben ser "os mínimos imprescindibles" e "non se poderá compartir material".

En cada unha das portas onde se desenvolvan as probas sinalizaranse claramente os accesos correspondentes o que permitirá a súa visualización desde o exterior co fin de axilizar a identificación do acceso que corresponda a cada aspirante.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta