Galicia reduce a presión hospitalaria por Covid a 98 pacientes ingresados e os novos contaxios caen a 91

Os casos activos descenden a 2.052 e a taxa de positividade sobe a un 2% no conxunto da Comunidade galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2021 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

Galicia chega ao fin de semana cun alivio na presión hospitalaria ao descender os pacientes Covid a 98 e situarse por baixo do centenar, nove menos que o día anterior, mentres que os novos contaxios descenden a 91 tras o lixeiro repunte da xornada pasada e os casos activos se reducen a 2.052.

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 15 as persoas ingresadas en UCI en Galicia --cinco menos-- e a 83 as que se atopan noutras unidades catro menos--.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria descende en cinco do sete: Vigo, Santiago e Barbanza, A Coruña e Cee, Ourense e Lugo, mentres que se mantén na de Pontevedra e O Salnés; e aumenta lixeiramente na de Ferrol.

En concreto, na de Vigo baixan a catro os pacientes Covid en UCI --uno menos-- e a 10 os doutras unidades --tres menos--, mentres que na da Coruña e Cee seguen dous ingresados en críticos e descenden a 16 os doutras unidades --dúas menos--.

Mentres, na de Ourense queda un paciente en UCI --dúas menos-- e soben a sete os doutras unidades --uno máis--; e na de Santiago e Barbanza caen a tres os críticos --un menos-- e seguen 21 noutras unidades.

Na de Lugo mantéñense dúas en UCI e descenden a oito os ingresados noutras unidades --dúas menos--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés continúan dúas en críticos e 14 noutras unidades.

A área de Ferrol é a única na que sobe lixeiramente a presión hospitalaria xa que, aínda que queda un paciente en UCI --uno menos-- ascenden a sete os doutras unidades de hospitalización --dúas máis--.

TRECE XORNADAS EN DESCENSO

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 na Comunidade galega seguen con tendencia descendente que se mantén durante 13 xornadas consecutivas e redúcense a 2.052, que implican 104 menos que o día pasado ao haber máis altas (193) que contaxios (91), ao que se suman dous óbitos.

As infeccións activas descenden nas áreas sanitarias de Vigo (-61), Lugo (-19), Pontevedra e O Salnés (-15), Santiago e Barbanza (-12) e A Coruña e Cee (-1); mentres que soben lixeiramente na de Ourense (+4) e mantéñense na de Ferrol.

Así, a área de Vigo continúa á cabeza en casos activos con 574; seguida da de Santiago e Barbanza, con 358; A Coruña e Cee, con 356; Lugo, con 250; Pontevedra e O Salnés, con 232; Ourense, con 168; e na cola mantense Ferrol, con 114.

CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba volveron a situarse por baixo do centenar, en 91, tras romper a tendencia e elevarse a 106, despois de iniciar a semana con 76, rexistrar 90 o martes e 82 o mércores.

No conxunto de Galicia foron confirmados 90 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas --19 menos--, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, deles 20 na área de Vigo; 17 na da Coruña e Cee; outros 17 na de Ourense; 12 na de Santiago e Barbanza; 11 na de Lugo; 10 na de Pontevedra e O Salnés; e tres na de Ferrol.

Ata a data Galicia realizou desde o inicio da pandemia 2.269.258 PCR, que supoñen 3.971 probas máis que as contabilizadas ata a xornada anterior e algo menos de 2.000 feitas que o día pasado.

Polo súa banda, a taxa de positividade repunta lixeiramente por enriba do dous por cento ata o 2,43%, tras situarse o día anterior nun 1,5%. Con todo, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

Varias persoas nunha terraza, o día en que entran en vigor novas medidas na hostalaría, en Vigo / Europa Press. / Europa Press
Varias persoas nunha terraza, o día en que entran en vigor novas medidas na hostalaría, en Vigo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta