Máis sobre o presidente da AGAI

Volvennos remitir información sobre o proceso aberto contra o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai-, Pedro Gómez-Valadés, denunciando que foi excluido da Comisión de Cultura do Consello Comarcal do BNG de Vigo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/03/2007 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

 

Sen embargo, no día de onte, o Consello Comarcal de Vigo ven de desoír a recomendación da Executiva Nacional, e decidiu seguir adiante co proceso de expulsión. Antes diso, convocaráse outro Consello Comarcal para desposuílo dos cargos que viña ostentando ata o dagora, tanto coma responsable da área de Lingua e Cultura, coma de membro electo da propia Executiva Comarcal. Unha vez desposuído dos cargos para os que foi elexido democráticamente, o seguinte paso consistirá en remitírlle-lo asunto ó Consello Nacional, para que vote se ratifica a expulsión ou deten este proceso.

 

Máis alá da opinión que a cada persoa lle mereza o conflicto árabe-israelí, o feito de que un militante vaia a ser expulsado por discrepar da postura maioritaria no seo da fronte debería levarnos a reflexionar a todolos que militamos dentro do BNG, pero tamén aqueles que simpatizan ou votan á fronte, se éste é o modelo de democracia que queremos, xa non para a fronte, senón para o conxunto da nación á que decimos representar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

29 Lugués

Seguir botando leña só favorece aos que queren que todo arda.

Lamentable. Sen paliativos, xustificacións nin coartadas.

28 Pedro Madruga

Estimados amigos:

Quixer comunicar que dende o asasinato do Kennedy para aquí Esquerda Nacionalista está presente en canto movemento de magnicidio hai, incluido aquel. Asegúranme fahacientemente estivo infiltrada mesmo na KGB para lograr a caída do muro de Aceiro situado en Berlin, por suposto,ben pagada pola CIA. Ultimamante traballa para a MOSSAD, procurando distruir o nacionalismo galego pola sua influencia internacional, decisiva no conflicto de Oriente Medio.

Temos que agruparnos para eliminar este grupo. Para proceder a sua liquidación enviovos pistas para os encontraren, non os busquedes en traballadores do común (camareiros ,carpinteiros, mariñeiros, electricistas, fontaneiros...) NON, tampouco se vos ocurra mirar en avogadas, inxeñeiros, médicos, informáticos, mestres, paradas...) NON tampouco aí están, e moito menos entre os mozos e mozas universitarios ou traballadores aí tamén NON , non, non os buaquedes.

Buscadeos e non fracasaredes alí onde avivan os “trepas” e “sambesugas” característica desta ralea de xente. Buscadeos entre os Conselleiros, entre os asesores múltiples dos mesmos e das suas Consellerías e diversidade de Institutos e Consellos alí están, buscadeos entre parlamentarios , deputados, deputados e senadores alí están, buscadeos nos postos de mayor releváncia do B.N.G. alí están, buscadeos nos liberados do B.N.G. e das distintas plataformas nacionalistas alí tamén os atoparedes sempre vevindo da sopa boba, hai que exterminalos ben o merecen.

Mais o peor de todo xa está localizado é un tal que vive a conta de todos e todas, posuindo infinidade de pisos e inmoveis, tendo un despacho cutre do acaban do marchar afamados abogados laboralistas aos que nada ensinou nen abonou, aa boa vontade dos mesmos polo ben do país foi non requirirlle nada a somellante sinvergonza. Só queda o infeliz do seu socio e máis os trepas e a sambesugas.

Polo que vos pido todo o voso apoio para finiquitar semellante banda de folgazas, trepas, sambesuas e un longo etc. En definitiva, esta caterva de impresentaveis que nunca deron un pao na agua pola nosa preciada Galiza. Defendamos o Santo Grial con todas as nosas forzas.

Atentamente,

Pedro Madruga.

Adiante. Incluso se atreven a mandar notas a prensa dos resultados antes de celebrar as proprias asembleias. Menudos elementos.

27 Anton Millan

Levo desde os 18 anos participando nas listas do BNG ás municipáis, na ilha de Arousa, antes polo concelho de Vilanova. Media vida indo a reunións. Para uns é capital que este país se chame “nación”, “nazón”, “nazóm” ou “nação”. A min dame igual. Non sinto especial fervor porque o Bloque se chame nacionalista. Apoio a esta forza polas ideas, non polos nomes. Igual respeito a quen se diga amigo dos israelís a título individual. Eu tenho conversas cada semana con xente de Israel e de Irán. Espero non ter que deixar de ir nas listas se esa cordialidade se convirte en amizade, por un ou outro lado. Israel fai asasinatos selectivos, e Irán lanza fatwas por "blasfemar". E se o presidente do Centro Galego de NY fose do BNG, sería expulsado? Ao fin e ao cabo non sería para preservar a cultura propia dumha xente integrada nun estado imperialista? Son imperialistas tamén os estudantes de Teherán?

Anton Millan *
Neto dun Ben (apelido de orixe gala, xudea, árabe ou celta?)

26 Sejún

Oscuas!!! debeuche fastidiar bastante o comentario "d´un galego"

25 Lugués

É difícil ser máis elocuente. A mensaxe anterior denota a peor actitude, das que máis mal lle poden facer ao nacionalismo galego actual.

Aquí non sobra ninguén.