Máis sobre o presidente da AGAI

Volvennos remitir información sobre o proceso aberto contra o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai-, Pedro Gómez-Valadés, denunciando que foi excluido da Comisión de Cultura do Consello Comarcal do BNG de Vigo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/03/2007 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

 

Sen embargo, no día de onte, o Consello Comarcal de Vigo ven de desoír a recomendación da Executiva Nacional, e decidiu seguir adiante co proceso de expulsión. Antes diso, convocaráse outro Consello Comarcal para desposuílo dos cargos que viña ostentando ata o dagora, tanto coma responsable da área de Lingua e Cultura, coma de membro electo da propia Executiva Comarcal. Unha vez desposuído dos cargos para os que foi elexido democráticamente, o seguinte paso consistirá en remitírlle-lo asunto ó Consello Nacional, para que vote se ratifica a expulsión ou deten este proceso.

 

Máis alá da opinión que a cada persoa lle mereza o conflicto árabe-israelí, o feito de que un militante vaia a ser expulsado por discrepar da postura maioritaria no seo da fronte debería levarnos a reflexionar a todolos que militamos dentro do BNG, pero tamén aqueles que simpatizan ou votan á fronte, se éste é o modelo de democracia que queremos, xa non para a fronte, senón para o conxunto da nación á que decimos representar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

24 Lugués

É difícil ser máis elocuente. A mensaxe anterior denota a peor actitude, das que máis mal lle poden facer ao nacionalismo galego actual.

Aquí non sobra ninguén.

23 Lugués

É difícil ser máis elocuente. A mensaxe anterior denota a peor actitude, das que máis mal lle poden facer ao nacionalismo galego actual.

Aquí non sobra ninguén.

22 Un galego

Está claro que tódalas inxurias e calumnias contra a actual dirección do BNG por por parte deste singular personaxe que vai de "demócrata e tolerante", Pedro Valadés, ten un transfondo oscuro e interesado por parte de Esquerda Nacionalista de querer desprestixiar a actual direccion do BNG, o cal me parece unha falta de iresponsabilidade e irespetuosidade cara tódolos membros restantes do BNG, entre os cales se a maioría (non só a UPG, senón outros moitos que non o son) decidiron a expulsión de Pedro os seus motivos terían. Desde logo a Esquerda Nacionalista segue demostrando que é como un cangro no nacionalismao galego que só aspira a conseguir cadeiras quentes nos postos de direccion do BNG, a para conseguilo están dispostos a calquera cousa.

21 lagaitaenlacabeza

Ricardo, supongo que ese homenaje a Sharon tendría el mismo sentido, si, pongamos por caso, israelís que quieran homenajear a Galicia, metiesen en el bote a Franco o a Fraga, o al hombre lobo de allariz

20 solovio

Sancionar ou expulsar a un militante por pertencer a unha asociación de amizade con Israel paréceme un despropósito. En Israel non só hai criminais coma Ariel Sharon, vive tamén moita xente que marchou doutros países por distintos motivos (nacismo, dificultades económicas...) Que merece tanta simpatía coma calquera outro pobo. Creo que non se debe confundir o dereito do pobo palestino a ter o seu propio Estado, co dereito á vida dos traballadores e das traballadoras do Estado de Israel. Se o BNG segue adiante no procedemento contra este militante, non estaría defendendo a causa palestina, senón o antisemitismo. E doeríame fondamente coma votante nacionalista convencido.