Máis sobre o presidente da AGAI

Volvennos remitir información sobre o proceso aberto contra o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai-, Pedro Gómez-Valadés, denunciando que foi excluido da Comisión de Cultura do Consello Comarcal do BNG de Vigo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/03/2007 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

 

Sen embargo, no día de onte, o Consello Comarcal de Vigo ven de desoír a recomendación da Executiva Nacional, e decidiu seguir adiante co proceso de expulsión. Antes diso, convocaráse outro Consello Comarcal para desposuílo dos cargos que viña ostentando ata o dagora, tanto coma responsable da área de Lingua e Cultura, coma de membro electo da propia Executiva Comarcal. Unha vez desposuído dos cargos para os que foi elexido democráticamente, o seguinte paso consistirá en remitírlle-lo asunto ó Consello Nacional, para que vote se ratifica a expulsión ou deten este proceso.

 

Máis alá da opinión que a cada persoa lle mereza o conflicto árabe-israelí, o feito de que un militante vaia a ser expulsado por discrepar da postura maioritaria no seo da fronte debería levarnos a reflexionar a todolos que militamos dentro do BNG, pero tamén aqueles que simpatizan ou votan á fronte, se éste é o modelo de democracia que queremos, xa non para a fronte, senón para o conxunto da nación á que decimos representar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

4 Xosé Castro

La dirección del BNG en Vigo expulsa a un militante por defender a Israel

3 Lugués

Debiamos tentar manter algún sentido da proporción. Ou, se non, as palabras acabarán perdendo o sentido que lles vai quedando.

Xa digo, confiemos na cordura de quen, polo visto, xa a manifestou

2 coidadiño

e que agora tamen son direxentes do bng nazis e defensores de estados terroristas e asesinos de bebes?. ate ahi se chegou?

1 Lugués

Pois confiemos en que o Consello Nacional lle faga caso á cordura da Executiva e deteña o proceso. Parece lóxico que así pase.

Os do Consello Comarcal mencionado... terán aquilatado o que fan?