A vacinación do colectivo 49-40 en Galicia empeza este domingo na área de Santiago

A Xunta sinala que a intención é que os adolescentes estean inmunizados contra a Covid-19 antes de que arrinque o próximo curso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A vacinación contra a covid-19 do colectivo con idades comprendidas entre os 49 e os 40 anos empezará este domingo na área de Santiago de Compostela e chegará de forma xeral ao resto de Galicia a partir do luns 7 de xuño.

Cando Galicia pasa a barreira dos 2 millóns de doses administradas, limiar que se superou o pasado venres, e suma xa máis de 770.000 persoas coa pauta completa, os galegos nados entre 1972 e 1981 empezarán recibir a vacina a partir deste domingo.

Así as cousas, o proceso de vacinación na Comunidade avanza un tramo máis de idade e encamíñase cara ás poboacións máis xóvenes. A intención da Xunta é, como desvelou na última semana, que os adolescentes estean inmunizados contra a covid antes de que arrinque o próximo curso.

Segundo as últimas cifras facilitadas polas autoridades sanitarias, ata a data, 130.581 persoas maiores de 85 anos (+14) recibiron polo menos unha dose; ás que hai que sumar 95.566 de 80 a 84 anos (+6); 133.053 de 75 a 79 anos (+28); 150.771 de 70 a 74 anos (+43); 150.701 de 65 a 69 anos (+107); 168.921 de 60 a 64 anos (+183); 176.622 de 55 a 59 anos (+137) e 147.991 de 50 a 54 anos (+14.668).

Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press.  / Europa Press
Vacinación cotra a covid-19 no Hospital Marítimo de Oza / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta