¿Que ocorre?

O 1 de xuño de 2021 o concello de Villagarcia ditaba unha resolución no asunto do proceso de selección de 6 prazas de auxiliar administrativo que a citada administración vai realizar. Na resolución indícanse por orde alfabética as persoas que se inscribiron no proceso e cales son admitidas e cales non, dándolle un prazo de 10 días para emendar os erros. Os rexistrados para o proceso de selección das 6 prazas de auxiliar administrativo son 1.170 persoas. Non é unha errata… non leron mal… Presentáronse un total de 1.170 persoas.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 07/06/2021

Comparte esta noticia

A situación de paro en xeral, e xuvenil en concreto,  é terrible. ¿ Como se chegou esta situación?. ¿Cómo é posible que  ante esta realidade as autoridades políticas non adopten medidas estratexias para solucionar esta situación?. E tendo tanto paro e precariedade laboral ¿Por qué o goberno no seu Plan 2050, continuación da axenda 2030, infórmanos que van traer cada ano 250.000  traballadores foráneos?.

Un desempregado no paro vai a oficina de emprego
Un desempregado no paro vai a oficina de emprego | Fonte: Inem EUROPA PRESS - Arquivo

É certo que a pertenza á Unión Europea priva ao Estado de soberanía. Sen soberanía económica (moeda  propia), e estar ao ditado do Banco Central Europeo convértenos en súbditos,  nun protectorado.

Non deixa de ser curioso que  os políticos españois se  empecinen en seguir a axenda económica de Bruxelas sen realizar obxeccións, e sexan  defensores de decisións que conducen ao  subdesarrollo. Exemplo, o peche das centrais térmicas e nucleares, cando Alemaña está a construír mais centrais térmicas, e  en Francia é maioritaria a electricidade atómica.  E, como non,  hoxe entra en vigor a nova factura da Luz, que conleva un encarecemento extraordinario do servizo esencial para  as familias.

A outrora banca pública galega, agora en mans de capitalistas venezolanos, “facendo as Américas”. Pescanova en mans dos mesmos americanos. Estaleiros pechados, a pesca cada día con máis restricións.  200.000 galegos abandonaron nos últimos 10 anos Galicia.  E todo  iso na administración do “bo xestor”,   e co goberno máis “progresista da historia de España”.
“Escravo é aquel que espera por alguén que veña e libéreo”, lembrábanos o poeta  Ezra Pound.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Álvaro Rodríguez Nuñez Doctor en Ciencia Política. Autor de varios ensaios sobre procesos políticos contemporáneos. Ten publicado diferentes estudios en revistas de pensamento político, nas cales colabora.