A Covid dispara a demanda de estudar Enfermaría e Medicina en Galicia

Tamén son moi demandadas ADE e varias enxeñarías.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/06/2021 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Efermaría, Medicina e ADE son as titulacións máis demandadas en Galicia, segundo un estudo realizado polo portal InfoEmpleo e Spring Professional, a firma do grupo Adecco. Un aumento nas preferencias de estudo que ten lugar logo da crise da Covid na que se incrementaron as ofertas de emprego relacionadas co eido sanitario.

Segundo sinala, a pandemia afectou á formación universitaria xa que caen en Galicia as ofertas de emprego que demandan titulados universitarios. "Durante o último ano, o 32,5% delas recolleu entre os seus requisitos que o candidato conte, como mínimo, cunha titulación universitaria, proporción que se reduciu 5,5 puntos porcentuais en favor da Formación Profesional".

Na autonomía galega a formación universitaria demándase nas ofertas de emprego algo por baixo do que se fai de media en España, onde este é un requisito incluído no 33,7% das vacantes.

Por outra banda, indica que este ano Enfermaría se alza como a carreira máis solicitada polas empresas galegas, xa que o 12% das ofertas de emprego que requiren estudos universitarios fai referencia a esta titulación. Esta demanda aumentou 8,4 puntos porcentuais no último ano.

Tras ela, Medicina colócase segunda, cun 10,8% das ofertas, e séguelle ADE cun 10,2%. Entre o seis carreiras con máis saídas laborais en Galicia atópanse tamén Enxeñaría Industrial; Enxeñaría Informática e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática. Mentres, Economía pasa a ser a que máis baixa a súa presenza para quedar no 0,63% das ofertas.

Enfermeira fornecendo unha vacina / Europa Press.  / Europa Press
Enfermeira fornecendo unha vacina / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta