Jácome "abocado a unha cuestión de confianza", segundo a oposición

O alcalde de Ourense renuncia ao 25% das propostas da modificación de crédito. A oposición critica que as presentara todas xuntas e solicitan que se poidan votar por separado ou incluír enmendas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mostrouse partidario de renunciar a un 25% das propostas da modificación de crédito para que se aprobe na sesión extraordinaria do pleno municipal que se celebra este mércores, pero a oposición veo "insuficiente" e subliña que está "abocado a unha cuestión de confianza".

Este luns reuniuse a Xunta de Portavoces do Concello de Ourense para abordar o contido da modificación de crédito, proposta polo alcalde, para mobilizar 62 millóns de euros de remanente de tesouraría en infraestruturas e servizos para a cidade.

A modificación presentouse en lote, unha das críticas que lle fixo a oposición porque aseguran que hai propostas coas que están de acordo e propostas coas que non. Así, solicitaban que se puidese votar por separado ou incluír emendas.

Deste xeito, na reunión buscaban chegar a un consenso para poder aprobar a modificación pero, tal e como recoñeceu o propio rexedor "está moi complicado". En concreto, Jácome mostrouse disposto a renunciar a un 25% das propostas considerando que"son moitas". Entre elas, a mobilidade vertical -as escaleiras mecánicas- ou a compra dos autobuses, as "dúas propostas estrela", segundo indicaron o resto de partidos.

Con todo, non houbo consenso e o rexedor municipal sinalou ao PSOE e ao BNG ao asegurar que "só buscan que a cidade non teña obras para poder dicir: mire, non fixeron obras, voten por nós". "Só teñen interese electoral, a cidade impórtalles ben  pouco por iso están en contra da modificación de crédito e van facer calquera movemento para entorpecela", dixo.

CUESTIÓN DE CONFIANZA

Pola súa banda, o portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, censurou que un 75% da modificación iría investido en obras, "é o único que lle importa", afirmou para apostilar que os socialistas "non" están "de acordo con esa prioridade".

Villarino manifestou que "isto aboca a que salga rexeitada o mércores e se abra o prazo para unha cuestión de confianza", "se chegamos a tal cuestión de confianza veremos como se retrata cada partido de face á cidadanía de Ourense", sentenciou.

Na mesma liña mostrouse o BNG. Así, o seu portavoz, Luís Seara, aseverou que "non hai vontade de chegar a ningún tipo de acordo". Para Seara o alcalde ten "a súa estratexia" que pasa por "convocar o pleno e vincular a cuestión a unha cuestión de confianza" porque "ten secuestrado ao Partido Popular e sabe que non asinará unha moción de censura". Deste xeito, Seara afirmou que o expediente se aprobará porque o Partido Popular "permitirao por moito que agora maree a perdiz".

POSTURA DO PP

Menos clara deixaron a súa postura desde o Partido Popular onde o seu portavoz, Flora Moure, explicou que o alcalde realizou "o compromiso verbal" de non executar partidas por máis de 20 millóns de euros para modificar o seu destino ás áreas sociais, deportivas,culturais e educativas. Ademais, dixo que "estudarán se ese compromiso é suficiente".

Quen si se mostrou a favor da modificación foi o concelleiro de Ciudadanos, José Araújo, aínda que tachou a reunión de paripé. Criticou que o alcalde "non tiña a intención de cambiar absolutamente nada", pero tamén acusou aos grupos de laoposición de "querer quedar ben de face aos veciños presentando modificacións nun expediente que xa está construído e non as admite".

"Non estou para facer oposición aos veciños de Ourense, se Jácome pretende facer un gasto de millóns de euros para facer investimentos na cidade benvidos sexan", aseverou Araújo.

Neste sentido, volveu a apuntar ao PSOE e ao PP esgrimindo que se queren "que pase algo diferente a un alcalde que non ten ningunha capacidade de diálogo, e que é o perfil dun iluminado gobernando unha gran cidade, que senten a falar nos próximos días ou tantaculpa terán uns como os outros".

Pleno no Concello de Ourense.
Pleno no Concello de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta