PSdeG: "o PP leva 12 anos sen reclamar unha soa transferencia de competencias para Galicia"

O parlamentario socialista Julio Torrado acusa á Consellería do Mar de "non facer o seu traballo" no tocante ao marisqueo: "levan 6 meses sen presentar o informe que pide o Goberno central".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Críticas do PSdeG á Xunta de Galicia pola xestión da Consellería do Mar. O problemática do marisqueo na Comunidade vense configurando como un tema espiñento nos últimos meses que acadou un dos maiores puntos de conflito no dragado da Ría do Burgo, unha limpeza urxente pero paralizada durante longo tempo a raíz dos enfrontamentos da administración Feijóo co Goberno central.

O deputado do PSdeG Julio Torrado no debate dunha moción durante un pleno do Parlamento de Galicia. PSDEG
O deputado do PSdeG Julio Torrado no debate dunha moción durante un pleno do Parlamento de Galicia. PSDEG

A problemática iría máis alá, de acordo co parlamentario socialista Julio Torrado, que este mércores 8 aproveito a comparencia da Cosnelleira do Mar, Rosa Quintana, en sede parlamentaria, para afear a estratexia de “confrontación constante” que advirte na relación entre a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

En particular, Torrado centrou as súas críticas no tocante ao Plan de Ordenación Marisqueira, documento “bloqueado” nestes momentos e do cal dependerían moitas familias para poder volver saír ao mar con seguridade xuríridica. Torrado denunciou, neste aspecto, que a Xunta leve 6 meses “negándose a presentar o informe que lle reclamou o goberno de España ata en dúas ocasións”. 

“Se estas familias saben que o seu problema se resolve presentando o informe igual non lles parece ben que a Consellería non faga o seu traballo”, destacou o parlamentario socialista antes de criticar a actitude da Xunta por tomar como “refén” os mariscadores na súa “guerra” co executivo liderado por Pedro Sánchez. 

"GUERRA" CO EXECUTIVO CENTRAL

O parlamentario socialista lembrou tamén a semana anterior o PP rexeitara unha proposición non de Lei presentada polos socialistas e o BNG pedindo a transferencia da competencia sobre o dominio público marítimo – terrestre para Galicia, pedindo o expediente do Plan Xeral e pedíndolle ao Estado que retirara o recurso contra este Plan.

Explicou que coa transferencia “resolveríamos o problema ad futurum”, e presentando o expediente resolverían o problema actual, pero PP e Xunta téñense negado “reiteradamente, e levan “12 anos sen reclamar nin unha soa transferencia para Galicia”. Sinalou que “non imos ser partícipes dunha feira” e esixiulle ao PP e á conselleira do Mar que expliquen “por que votaron en contra”, e apuntou que “igual lles gusta que o goberno presentara o recurso porque están na guerra”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta