Centos de aspirantes a MIR volven manifestarse contra o Ministerio de Sanidade

Reclaman ao Ministerio de Sanidade a adxudicación en tempo real das súas prazas.

Por E.P. | Madrid | 08/06/2021 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Centos de aspirantes a médico interno residente (MIR) e do resto de profesións sanitarias manifestáronse este martes polas rúas de Madrid reclamando ao Ministerio de Sanidade a adxudicación en tempo real das súas prazas, do mesmo xeito que fixeron hai dúas semanas cunha concentración fronte á sede do Ministerio.

Manifestación na Puerta del Sol de Madrid para esixir unha elección de prazas MIR con garantías, o 8 de xuño de 2021
Manifestación na Puerta del Sol de Madrid para esixir unha elección de prazas MIR con garantías, o 8 de xuño de 2021 | Fonte: Óscar Cañas - Europa Press.

Entre os participantes, conforme destacou o sindicato CESM Galicia, atopábanse medio cento de facultativos e MIR procedentes do territorio galego.

A marcha, que partiu da Puerta del Sol ás 12.00 horas entre pitadas e baixo cánticos de "Carolina, dimisión" ou "A por eles", renmatou fronte a sede de Sanidade.

Con pancartas como "Vítima da incompetencia do Ministerio" ou "Ministerio de Ansiedade", os manifestantes, que viñeron a Madrid desde todos os puntos de España, cargaron contra o novo sistema.

"Reclamamos unha elección presencial con garantías e transparencia e agora mesmo non ofertan ningunha das tres cousas. Non se está avanzando nas reunións. Ao principio parecía que ía ceder un pouco o ministerio pero xa se viu que non, ningunha medida nos favorece. Aparecen prazas e logo desaparecen. É vergoñoso", resumiu Beatriz Ferrín, estudante de sexto de Medicina.

Outra das manifestantes, Sara, aspirante a enfermeira, móstrase máis optimista tras esta nova protesta: "Creo que hoxe teño un pouco máis de esperanza que o día 25. Confío en que o Ministerio de Sanidade dea un paso atrás e antes de que acaben os prazos para solicitar a praza algo cambie".

Os encontros que mantiveron o colectivo MIR e o Ministerio de Sanidade, a última o 4 de xuño, non conseguiron aínda chegar a bo porto e, a pesar das queixas e denuncias das persoas aspirantes, a última alternativa que propuxo o Ministerio non mellora a situación, segundo denuncian os manifestantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta