Xornadas de doazón de sangue en Oleiros e A Coruña

A Garda Civil colabora coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue este mércores e xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

A Garda Civil, en colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realizará este mércores e xoves senllas xornadas de doazón de sangue. Segundo informou o Instituto Armado, estas xornadas terán lugar o día 9 no acuartelamento do Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia situado en Perillo, Oleiros, e o día 10 no acuartelamento da 15 Zona da Garda Civil e da Comandancia da Coruña, situado en Lonzas.

Esta colaboración que se realiza un mínimo de dúas veces ao ano "co obxectivo de aumentar as reservas de sangue dispoñibles", explica a Benemérita, "está aberta a toda aquelas persoas que queiran colaborar, sexan ou non compoñentes do corpo".

"Nesta ocasión dada a actual situación sanitaria, as doazóns realizaranse conforme á normativa actual, garantindo en todo momento a distancia de seguridade entre doantes", explican as mesmas fontes.

A Garda Civil lembra que trata de fomentar as doazóns de sangue "tan necesarias nestas datas" e convida a todas as persoas que queiran colaborar a achegarse ao autobús de ADOS. Así, confía en que "se repita o éxito de campañas anteriores en canto ás cifras de doazóns".

REQUISITOS

A Benemérita lembra que para ser doante os requisitos principais pasan por ter máis de 18 anos, bo estado de saúde, así como non padecer risco de enfermidades tanto para el como para quen reciba o sangue.

Os doantes, matiza o Instituto Armado, "deberán de informar de calquera complicación ou enfermidade que poida converter a súa doazón en inadecuada para a transfusión".

Unha unidade móbil de ADOS
Unha unidade móbil de ADOS | Fonte: AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (ADOS)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta