Inauguran na Coruña un centro para actuacións contra o cambio climático e a redución das emisións de CO2

O centro municipal para o clima e a enerxía sustentable localízase no parque de Bens.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/06/2021 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña inaugurou no parque de Bens, e no marco das actividades da Semana de Medio Ambiente, o centro municipal para o clima e a enerxía sustentable 'Fernando Roade'.

O acto estivo presidido pola concelleira da área, Esther Fontán, e contou tamén coa asistencia da edil de Benestar Social, Yoya Neira, ademais de varios concelleiros da corporación municipal, así como a viúva e fillas de Fernando Roade, que foi responsable durante anos da área de Medio Ambiente.

Desde este centro, levarán a cabo actuacións contra o cambio climático e a redución das emisións de CO2 no municipio coruñés.

O acto contou tamén coa colaboración da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) coa que se realizará un traballo conxunto de investigación para o que todos os días se lance un globo meteorolóxico desde Bens co fin de recoller datos que permitan realizar previsións máis precisas.

A concelleira de Medio Ambiente da Coruña, Esther Fontán, preside a inauguración do centro para o clima e a enerxía. ANDY PEREZ
A concelleira de Medio Ambiente da Coruña, Esther Fontán, preside a inauguración do centro para o clima e a enerxía. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta