Abel Caballero pide ao Goberno central cambiar "o sistema de tarificación" da factura da luz

O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, admitiu que o Goberno de España debe modificar a forma de tarificación. "Non se pode usar a marxinalidade, haberá que buscar un sistema distinto. Os técnicos saben como facelo, hai modelos", sinalou.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/06/2021 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), pediu este martes ao Goberno de España "que cambie o sistema de tarificación" da factura da luz para baixar o seu prezo.

Así o trasladou en rolda de prensa, e en resposta a unhas declaracións do grupo municipal do PP, que censurou que os vigueses non poden utilizar electrodomésticos na franxa nocturna (máis barata) porque unha ordenanza municipal de 2000 impídelles facer ruído a esas horas. Ademais, os 'populares' criticaron que a norma está sen actualizar nin adaptar e, de feito, recolle as sancións en pesetas.

O rexedor sinalou que "a cuestión non é pór a lavadora de noite para aforrar, senón baixar a tarifa eléctrica en España", e advertiu de que non vai derrogar "de ningún modo" a ordenanza contra o ruído porque os veciños deben "descansar".

En todo caso, Caballero si admitiu que o Goberno de España debe modificar a forma de tarificación. "Non se pode usar a marxinalidade (...), haberá que buscar un sistema distinto. Os técnicos saben como facelo, hai modelos", sinalou.

O rexedor olívico puntualizou que este sistema "vén da época do PP gobernando", aínda que recoñeceu que "é un sistema que ten que ser revisado". "Estamos nun oligopolio de oferta eléctrica e as familias non poden pagar facturas tan altas nun momento de crise como o que estamos a pasar", resolveu.

O alcalde, Abel Caballero, presenta unha campaña de promoción e apoio ao pequeno e mediano comercio da cidade.. CONCELLO DE VIGO
O alcalde, Abel Caballero, presenta unha campaña de promoción e apoio ao pequeno e mediano comercio da cidade.. CONCELLO DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta