Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2021 | Actualizada ás 21:50
Nova polémica no marco da CRTVG. A plataforma Defende A Galega, integrada por traballadores do ente público, vén de acusar á corporación pública de facer pasar o director de informativos do telexornal de mediodía por un cidadán calquera --sen citar o seu nome-- para informar sobre a campaña de vacinación que está a desenvolver o Sergas e que vén de acadar xa a franxa de idade de 40 a 49 anos.
As críticas da plataforma veñen porque, como sinalan nun chío da súa conta de Twitter, o telexornal decidiu non dar nome ao director de informativos; presentándoo como unha testemuña calquera cando se trataba, en realidade, dun cargo da CRTVG. De feito, e sempre segundo a versión de Defende a Galega, a gravación amosada no Telexornal mediodía foi recollida nos propios xardíns da TVG.
Comeza a vacinación entre 40-49 anos, noticia con transcendencia social e política, titular do TX1 o pasado venres.
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) June 8, 2021
Que testemuña presentou a TVG?
O propio director do informativo!! ao que fai pasar por un cidadán da rúa.
Preguiza informativa ou cámara de eco? #PorUnhaNovaCRTVG pic.twitter.com/esMaShk1uL
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.