Paralizados os servizos do Ministerio de Trabajo por un ciberataque "coordinado"

Traballadores do Ministerio aseguran ter recibido instrucións de manter apagados os seus ordenadores para evitar o efecto do virus. Non descartan que se trate dun ataque de informáticos rusos para desestabilizar o labor do Goberno de cara á campaña da renda ou o pago das prestacións.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2021 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

A rede web do Goberno central volven estar en xaque. Fontes consultadas por Galicia Confidencial dan conta dun novo ataque contra os sistemas informáticos do executivo español, que desta vez afectarían, cando menos, ao Ministerio de Trabajo. De acordo con esta versión, os traballadores do Ministerio terían recibido instrucións de non poñer en funcionamento os seus ordenadores para evitar o efecto dun agresivo ataque informático.

A vicepresidenta terceira e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, durante a presentación do libro 'A estabilidade fiscal en España: os deberes pendentes'. M. Dylan - Europa Press
A vicepresidenta terceira e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, durante a presentación do libro 'A estabilidade fiscal en España: os deberes pendentes'. M. Dylan - Europa Press

Ao parecer, as indicacións de manter os terminais apagados terían relación co funcionamento deste virus. Cabe a posibilidade de que, ao poñer en marcha os ordenadores, o malware detectado proceder a encriptar a información alí dispoñible. Esta circunstancia podería ir orientada a pedir un rescate polos miles de gigabytes de información delicada ou, simplemente, de cara á desestabilización do labor do Goberno.

Precisamente, o executivo central xa sufriu nos últimos meses diversas caídas nas súas páxinas webs, entre as cales destacou a problemática sufrida polo SEPE ao longo do mes de maio. Xa entón se apuntara á posibilidade de que este ataque coordinado tivera que ver con hackers ao servizo do goberno ruso, coñecido por tácticas de desestabilización que, nos primeiros meses da campaña da renda, poderían derivar nunha incapacidade para xestionar os datos --cobros, devolucións, etc--. Fontes de traballadores do Ministerio non descartan que se trate, unha vez máis, dunha ameaza chegada do país do Kremlim.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta