O Parlamento reclama ao Goberno central a rebaixa da factura da luz mediante a revisión dos tramos horarios

A proposta aprobada reclama "como mínimo" outras medidas como a supresión do gravame do imposto sobre a produción de electricidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2021 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O Parlamento galego instou á Xunta a dirixirse ao Goberno central para que adopte "as medidas necesarias" dirixidas a reducir "o impacto negativo" da nova tarifa eléctrica na economía das familias e na competitividade das empresas.

Fíxoo a través dunha iniciativa do PP aprobada no pleno da Cámara autonómica na xornada do mércores. O martes, o hemiciclo acolleu o debate de dous textos sobre este asunto, un dos populares e outro do Bloque.

Así, a proposta aprobada reclama o impulso, "como mínimo", de medidas como impulsar o descenso da factura eléctrica a través da revisión dos tramos horarios, así como da supresión do gravame do imposto sobre a produción de electricidade.

Tamén demanda traspasar aos orzamentos xerais do estado "algúns dos custos regulados" da tarifa eléctrica, a débeda do sistema eléctrico e os custos extrapeninsulares.

En terceiro lugar, pide revisar a tributación que soporta a factura eléctrica e impulsar unha reforma fiscal que harmonice a fiscalidade que esta factura soporta en España cos gravames medios dos países da contorna. Nesta liña, o Bloque pedía que o IVE da electricidade pasase do 21% ao 4%.

OUTRAS TRES DEMANDAS

Un cuarto punto que solicita o texto aprobado é conceder "máis peso específico ao termo de enerxía que ao de potencia" e un sexto apartado require simplificar a factura eléctrica "para facilitar a súa comprensión, e pór en marcha de inmediato unha campaña de información" aos consumidores.

Por último, propón ampliar o dereito de poder acollerse ao prezo voluntario do pequeno consumidor ata potencias iguais ou inferiores a 15KW para o consumidor doméstico, co fin de facilitar o acceso ao bono social eléctrico.

Electricidade / Europa Press. / Europa Press
Electricidade / Europa Press. / Europa Press

XACOBEO 2021

O Parlamento de Galicia instou á Xunta a solicitar do Goberno central que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo conte coa participación das comunidades autónomas para o deseño do plan turístico nacional do Xacobeo 21-22.

En concreto, a iniciativa, que defendeu o PP na primeira xornada do pleno da Cámara autonómica, reclama esa participación dentro das competencias das comunidades no ámbito turístico, "para a concreción de accións e para a aplicación de recursos económicos paralos anos 2021-2022".

Ademais, a proposición non de lei aprobada solicita que o ministerio se comprometa a facer a presentación oficial do plan na comunidade galega. No debate, este martes, o deputado popular Borja Verea insistiu en que o Goberno central "non está comprometido" coa celebración do Xacobeo a nivel "institucional e económico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta