Feijóo desvincula da Xunta a actuación do exalto cargo da súa Administración inmerso nunha causa de fraude

O presidente di que se actuará de oficio se hai indicios de que se cometeron delitos menters ocupaba o cargo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/06/2021 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desvinculou da súa acción no seo da Administración autonómica as actuacións de Norberto Uzal, un exalto cargo do Goberno galego que está inmerso nunha causa de fraude para a que se propuxo xuízo por organización criminal e branqueo de capitais. O mandatario autonómico dixo que, pola contra, actuaríase de oficio.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta de Galicia.

"Non coñecemos con exactitude as actuacións investigadas. Se teñen relación coa Comunidade Autónoma, teña vostede a seguridade de que todo iso será revisado, pero non temos ningunha notificación xudicial", respondeu Feijóo, a preguntas dos medios, tras o Consello.

Dito isto, esgrimiu que "todo parece indicar" que se trata de actuacións "posteriores a ter unha relación coa Administración pública". "Por tanto, non se está investigando por actos relacionados coa Administración pública, senón con actos posteriores á súa vinculación coa administración. Son cousas absolutamente distintas", aseverou.

En todo caso, Feijóo comprometeu que se chegan a ter "algunha información directa ou indirecta que teñan que investigar", faríase. "Farémolo sempre, de oficio cando temos información ou a instancia de parte cando hai un indicio", sentenciou.

O xuíz da Audiencia Nacional José Luís Calama propuxo xulgar a unha organización criminal constituída ao redor da empresa Hafesa Energía que, no período comprendido entre 2016 e 2019, cometería supostamente unha fraude fiscal en concepto de IVE de hidrocarburos superior aos 154 millóns de euros. Entre as persoas que serán xulgadas figura José Norberto Uzal, que foi director xeral de Administración Local da Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo entre 2009 e 2013.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta