A Xunta recrimina ao presidente da Deputación coruñesa que "descoñeza" a xestión do canon da auga en Melide

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, considera "totalmente imposible de cumprir" a intención do Goberno central de adiantar en dous anos a obrigación de que os municipios de máis de 5.000 habitantes teñan que implantar o colector marrón para a reciclaxe de biorresiduos cos que poder elaborar compost.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A Xunta reprochou ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, un "completo descoñecemento" da xestión en materia da auga e dos problemas de saneamento e depuración no concello de Melide.

Faino despois de que Formoso reclamase á Administración galega que retorne para o desenvolvemento de infraestruturas hidráulicas parte dos 1,5 millóns de euros que paga o concello polo canon da auga, segundo expuxo nunha visita ao municipio.

En resposta a estas afirmacións, a Xunta sinala que "preocupa o seu descoñecemento do deber legal que ten a Deputación Provincial de axudar aos concellos, prestando apoio en materia de saneamento, depuración e abastecemento aos municipios de menos de 20.000 habitantes".

"O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, recada en concepto de canon da auga no concello de Melide ao redor de 140.000 euros anuais, desde o ano 2012". "Esta é unha taxa ambiental que permite a Augas de Galicia exercer as súas competencias de coidado dos ríos e de control e eliminación das verteduras contaminantes".

"Así como apoiar aos concellos técnica e financieramente nas súas competencias municipais de saneamento, abastecemento e depuración". "Tamén recada neste concello o coeficiente de vertedura pola xestión da depuradora municipal", engade nun comunicado no que afirma que, neste caso, "a recadación non chega para cubrir o 50% dos gastos".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, na firma dun convenio de sobre a casa de acollida a mulleres. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, na firma dun convenio de sobre a casa de acollida a mulleres. TORRECILLA

COLECTOR MARRÓN


A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, considera "totalmente imposible de cumprir" a intención do Goberno central de adiantar en dous anos a obrigación de que os municipios de máis de 5.000 habitantes teñan que implantar o colector marrón para a reciclaxe de biorresiduos cos que poder elaborar compost.

Este xoves, a conselleira reuniuse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, a quen lle trasladou a súa inquietude polas novidades que quere implantar o Goberno na súa futura lei de residuos.

En concreto, critica a intención do Executivo de adiantar a 31 de decembro deste ano, dous anos antes respecto ao calendario marcado pola UE, a obrigación de que concellos de máis de 5.000 habitantes recollan de forma separada os biorresiduos.

Por iso, solicita o apoio da Fegamp para esixir ao Goberno que rectifique e harmonice o contido da lei estatal aos criterios comunitarios, que fixan como prazo límite para a implantación desta medida o 31 de decembro de 2023.

E é que a conselleira ve "imposible" que os 113 municipios que estarían afectados poidan cumprir en seis meses con esta proposta porque "os concellos terían que adaptar os seus contratos e porque non terían onde levar ese residuo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta