Sanidade anuncia avances no plan de reforma da Atención Primaria

O consello técnico de Atención Primaria compartiu opinións en relación ao recente documento sobre as axendas dos médicos de familia, que se está facendo público polos directores de Atención Primaria das diferentes áreas sanitarias, e que está a ser aplicado en diferentes centros de saúde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O consello técnico de Atención Primaria celebrou este xoves unha nova reunión co obxectivo de avanzar na reforma deste nivel asistencial. Nun comunicado, a Consellería de Sanidade lembrou que este órgano foi creado a partir do documento do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, con carácter permanente e co obxectivo de realizar asesoramento en aspectos científicos, sociais e profesionais no ámbito da Atención Primaria.

Deste xeito, ten como función a avaliación das necesidades de recursos humanos no primeiro nivel asistencial e a análise da súa capacidade resolutiva, das carteiras de servizos e das oportunidades de mellora na xestión de procesos asistenciais e nas relacións entre primaria e hospitalaria.

Así, no encontro deste xoves, conforme apuntou a consellería, concretáronse as conclusións das comisións sectoriais expostas na anterior reunión e presentáronse os resultados de traballo das comisións correspondentes a "Coordinación atención primaria- atención hospitalaria" e "Prescrición eficiente de medicamentos e probas diagnósticas ", respectivamente.

Ademais, o grupo compartiu opinións en relación ao recente documento sobre as axendas dos médicos de familia, que se está facendo público polos directores de Atención Primaria das diferentes áreas sanitarias, e que está a ser aplicado en diferentes centros de saúde.

A reunión estivo presidida polo xerente do Sergas, José Flores Arias, e contou coa presenza dos directores xerais de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; de Recursos Económicos, María Jesús Piñeiro Belo; de Recursos Humanos, Ana Comesaña Álvarez; así como a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Conselleríade Sanidade, Estrela López-Pardo.

Reunión do consello técnico de Atención Primaria da Xunta. XUNTA
Reunión do consello técnico de Atención Primaria da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta