O modelo Jácome, a única solución do PP en Ourense

Feijóo recoñece novamente "contactos" do PP con Jácome tras romper o pacto que tiña con el.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que "é certo" que o PP mantén en Ourense "contactos" para "volver dar estabilidade" ao goberno local, aínda que descoñece cal será a fórmula concreta para "volver dar un mínimo de seguridade", xa que, polo que sabe, aínda non está "pechada". "Veremos se se produce e en que condicións", esgrimiu.

Así o trasladou un día despois de que, nunha entrevista con Europa Press, o presidente provincial, Manuel Baltar, confirmase xa a existencia deses contactos co fin de "dar estabilidade" a Ourense. As vías que barallan os populares serían os apoios puntuais ou ir un paso máis aló e volver ao goberno que dirixe Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá).

Baltar rexeitou tamén a vía socialista --o que suxire que a alternativa mediante unha moción de censura non será posible aínda que o alcalde decidise someter o seu cargo a unha cuestión de confianza-- e reafirmouse en que é "mellor" alcalde Jácome que o Rafael Rodríguez Villarino.

Preguntado acerca de se comparte esta percepción, Feijóo ratificou os contactos avanzados por Jácome e confirmados por Baltar, e recalcou que, no seu día, antes de constituír as corporacións locais, o PP propuxo ao PSOE que gobernase a lista máis votada en Ourense e en "calquera municipio", pero "a resposta foi que non".

Así, esgrimiu que o PP traballou noutras posibilidades e pactou con Jácome, de cuxo goberno saíu ante as irregularidades denunciadas por concelleiras do seu propio grupo. Lembrou que algúns deses "problemas xudiciais" quedaron "arquivados" e outros foron "absoltos", mentres o PSOE, con Villarino á fronte, "trataba de impulsar unha moción de censura" contra Baltar. Con todo, Villarino accedeu a non optar á Alcaldía para facilitar a moción de censura e cando isto ocorreu os populares esixíronlle que saíse da Corporación.

O argumento do PP é que Villarino pretendía ser "alcalde na sombra" e nel incidiu este xoves o propio Feijóo, ao subliñar que os populares dixeron "claramente" que non aceptarían que se gobernase "por persoa interposta".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras a reunión na cidade das Burgas antes da pandemia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras a reunión na cidade das Burgas antes da pandemia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 anonimo

Jácome non fixo absolutamente nada, montou un chollo de publicidade na sua tv privada, adicando os cartos do seu partido a publicidade na devandita tv, e non o atura ninguén. Dicir que como a min non me gusta Caballero, Jácome, un neno primitivo, é maravilloso, é algo moi infantil. Gamela erra.

1 Gamela

Se os cartos do partido D.O. foron á súa AuriaTV é un comportamento máis NOBLE que o que fai Abel Caballero en Vigo metendo CARTOS PÚBLICOS (non do Partido) na canle local de TeleVigo no que mantén dende hai anos un programa chamado Vigo de Cerca que é retransmitido pola cadena SER ata 3 veces á semana (en directo os xoves e en diferido luns e domingos) ? Por non falar das subvencións disfrazadas ao Faro de Vigo que todo o mundo confunde coa Páxina Dominical de Abel Caballero ! https://flic.kr/p/2kcPUVq Cos seus cartos Jácome pode facer o que lle pete ! Velaí a Gran Diferencia !

2 Gamela

Non me gusta nada Caballero e a súa Mafia, como podes observar están OCULTANDO deliberadamente os negocios co ladrillo que convertirá Vigo nun Muro de Formigón frente ao Mar ! https://youtu.be/JyWVpMi7Ruk ¿Disto ninguén fala, nin PP nin PSOE?

2 Gamela

Polo demáis todo parece que leva ao mesmo asunto: As Torres do Miño (pelotazo urbanístico ao que Jácome -de momento- opónse frontalmente) En Vigo temos pelotazos de 10 alturas en Beiramar (sin siquera licenza publicada) https://flic.kr/p/2kMczzv e 10.000 m2 regalados en Samil por 2,5 millóns de euros para construir un Hotel que logo de 25 anos pasará a ser Propiedade Privada Absoluta ! https://flic.kr/p/2kEpXoM Resistir debe ser boa cousa para Ourense ! Ou non ?

1 Gamela

Canto máis tempo pasa nesta liorta, mellor me cae o tal Jácome ! Outros virán que bo me farán (dí o refrán). As denuncias que se lle fixeron a Jácome podían facerllas ao alcalde de Vigo e terían moito máis percorrido... se non que llo conten aos Bombeiros de Vigo que levan case 2 anos puteados pola prepotencia dun alcalde que se nega a cumprir as sentenzas xudiciais polo morro ! En canto aos Plenos de Ourense son fantásticos (sen límite de tempo para debater o que lles pete) e retransmitidos vía YouTube (santa transparencia) En Vigo os Plenos levan sendo a porta pechada dous anos e ninguén reclama siquera que os publiquen na canle do Concello ! (Plenos Privados e Ocultos) e se abres a boca bloquean a túa conta de twitter para que ninguén escoite as denuncias !