Concentración feminista ante os últimos asasinatos para urxir considerar á violencia machista como "terrorismo"

Convoca a Plataforma Feminista Galega, ás oito no Obelisco da Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/06/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O feminicidio de Rocío Caíz a mans da súa exparella e o asasinato de Olivia Gimeno a mans do seu pai, aínda coa "esperanza" de atopar á súa irmá Anna con vida, nun novo caso de violencia vicaria, son as tristes razóns polas que o feminismo volta ás rúas este 11 de xuño. Ás oito da tarde no Obelisco, na Coruña, terá lugar unha concentración convocada pola Plataforma Feminista Galega na que se lerá un manifesto que urxirá a considerar "a violencia machista como terrorismo, como problema social e político de extrema gravidade".

Acción Feminismos Em Escracho
Acción Feminismos Em Escracho | Fonte: Feminismogaliza

No manifesto recordaranse que, no que va de 2021, son xa 18 o número de mulleres asasinadas por violencia machista e 3 as menores que constan nas cifras oficiais de violencia vicaria (41 menores dende 2013, ano no que se comenzou a recollida destes datos). Estas cifras, sinalan dende a Plataforma Feminista Galega, son "cada vez máis alarmantes" e "son milleiros as mulleres que teñen que sufrir cada día no mundo a violencia por parte daquela persoa que prometía amalas".

A concentración ten por obxectivo condenar estes asasinatos e denunciar as discriminacións, a desigualdade e "a violencia que día a día sofremos as mulleres e que leva, nas súas últimas

consecuencias, a que sexamos asasinadas, a que asasinen as nosas fillas e fillos, e no día a día a que sexamos apartadas, a que nos rouben espazos, a que os medios de comunicación nos invisibilicen e a que os nosos dereitos nunca estean plenamente conseguidos".

O manifesto tamén porá o foco na ameaza que supoñen as ideoloxías e os partidos de dereitas que non recoñecen a violencia machista e que "pretenden eliminar aqueles espazos que nos custou anos de loita conseguir e que non poidamos gozar plenamente dos dereitos que coma mulleres e coma cidadás nos corresponden".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta