Santiago anuncia avances nun parque de bombeiros transitorio para concellos limítrofes

O alcalde de Oroso, Luís Rey asegurou que "Santiago ten que ser o centro comarcal deste servizo". Desta maneira, a solución "provisional" é a implantación do modelo ferrolán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2021 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, trasladou este venres ao seu homólogo de Oroso, Luís Rey, os avances para implantar de forma provisional o coñecido como modelo ferrolán no parque de bombeiros, isto é, que sendo un servizo municipal, pode atender a concellos limítromes. Para iso, contarase co respaldo de financiamento da Xunta e da Deputación da Coruña.

No encontro, despois do falecemento dunha muller nun incendio na parroquia de Sigüeiro, falaron sobre este principio de acordo coa Xunta e Deputación que toma como referencia o modelo do parque de bombeiros de Ferrol, o "único viable desde o punto de vista legal neste momento", segundo Bugallo, mentres non se levante a taxa de reposicións para cubrir prazas.

Luís Re asegurou que "Santiago ten que ser o centro comarcal deste servizo". Desta maneira, a solución "provisional" é a implantación do modelo ferrolán.

O alcalde compostelán afirma que se están realizando estudos dentro do concello para avaliar o seu encaixe legal e calcular a súa contía económica. Con eses datos, o seguinte paso sería "falar co colectivo" de bombeiros para que se "incorporen e colaboren", o camiño para que salga adiante este plan.

A "clave", asegura, é "unha maior dedicación e esforzo" por parte dos profesionais, cos que terán que pactar retribucións "xustas e equilibradas" co fin de compensar o "esforzo", en tanto non é posible ter a dotación de persoal "precisa e necesaria".

TAXA DE REPOSICIÓNS

Bugallo cualificou á taxa de reposicións --medidor do número de persoas que poden incorporarse a unha administración pública en función do número de baixas-- como "a solución definitiva" e apunta a que o problema está, principalmente, "en todo o baleirado" que se produciu en anos anteriores.

Neste sentido, o mandatario santiagués explicou que, "máis ou menos", en 2005-2006, Santiago contaba con 69 bombeiros. Neste momento, terá 9 incorporacións novas, alcanzando os 55 efectivos, persoal coa que se contará para sacar adiante o proxecto. "Podemos cubrir estas últimas vacantes que se produciron con motivo da xubilación pero non todo o que pasou entre o ano 2010-2019", sentenciou o alcalde.

Os alcaldes de Santiago e Oroso. CONCELLO DE SANTIAGO
Os alcaldes de Santiago e Oroso. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta