Os composteláns piden deixar vender a Manolo, o das castañas, "e revisen o que haxa que revisar"

Indignados co Concello de Santiago, que prohibiu a Manolo Prieto exercer o traballo que levaba 53 anos exercendo, poñen en marcha unha petición.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/06/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O obxectivo está fixado en 2.500 persoas e por agora levan 1709 firmas. Moitos composteláns, a través dunha petición en Change.org, piden ao Concello que "revise o que teña que revisar" pero que deixe a Manolo Prieto exercer o traballo que levaba 53 anos exercendo na Porta Faxeira: vender castañas asadas no outono e xeados no verán.

Manolo Prieto, vendedor ambulante de castañas e xeados en Compostela.
Manolo Prieto, vendedor ambulante de castañas e xeados en Compostela.

Segundo explican na petición, o Concello de Santiago non se contentou con "permitir instalar ao seu redor tres xeaderías en locais comerciais" senón que ademais se puxo "a revisar a normativa de vendedores ambulantes" e lle prohibiu situar o seu carriño no emprazamento que mantiña aos seus 67 anos.

Indican tamén que a veciñanza se atopa indignada con esta situación e piden ao Concello que lles devolva "a icona" que lles roubou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galego exiliado

Ese alcalde del que usted me habla hai tempo que perdeu o norte. Odia ós compostelans e pouco a pouco, facéndolles a vida imposible, vainos botando fora de Compostela pa convertela nun decorado turístico valeiro de compostelans. So lle preocupan os perroflautas, mochileiros e turigrinos. Impostos e tasas cada dia mais altos, ruas abandonadas, so se arranxan as do camiño, o resto a monte. A zona vella so pa mochileiros e carreiras de biciflautas, os peons compostelans estorban. Tal ves si Manolo se disfrazara de apostolo ou turigrino lle dean permiso. Bendita pandemia que por uns meses nos devolveu Compostela ós compostelans.

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Este Bugallo quer rematar con toda a vida bohemia de Santiago, un dos signos de identidade da cidade. Coa marcha que leva vai rematar por converter á cidade nun inmenso plástico. Impresentable!