A morte de dúas mulleres coa covid-19 eleva a 2.430 as vítimas en Galicia

Tiñan 64 e 88 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2021 | Actualizada ás 21:28

Comparte esta noticia



A morte de dúas mulleres de 64 e 88 anos que foran diagnosticadas coa covid-19 eleva a 2.430 as vítimas rexistradas en Galicia desde o inicio da pandemia.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, trátase dunha muller de 64 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e doutra de 88 anos que estaba no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHAUC).

Conforme aos datos facilitados polo departamento autonómico, ambas presentaban patoloxías previas.

Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus
Entrada en Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por casos de coronavirus | Fonte: Ep

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta