A Xunta confía nun Xacobeo "pleno" en 2022 ante o aumento de peregrinos

Alfonso Rueda "sentidiño" ante o levantamento das restricións sanitarias e confía no éxito da proba piloto do lecer nocturno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

O vipresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, confía nun ano Xacobeo 2022 "pleno" visto o incremento "progresivo" de peregrinos que chegan a Santiago de Compostela desde principios de xuño.

"Onte chegaron a Santiago preto de 800 peregrinos, e no que vai de xuño levamos 3.300, case tantos como en todo o mes de maio. E é previsible que isto vaia a máis, aínda que sen chegar a niveis "normais" dun Ano Santo, serán datos "aceptables", explicou Rueda este sábado en Melide, onde pasou a noite do venres nun dos albergues privados do Camiño.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, realiza o Camiño de Santiago. XUNTA
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, realiza o Camiño de Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

"MOITO SENTIDIÑO"

Por outra banda, Alfonso Rueda espera que "todo saiga ben" nas probas piloto do lecer nocturno que levarán a cabo durante a noite deste sábado en pubs e discotecas galegos. O titular de Turismo confía na responsabilidade da hostalaría e ratificou o 1 de xullo como día para a volta deste tipo de locais, aínda que non se negou a un posible adianto.

"Se os hostaleiros demandasen outra data, habería que sentar e falalo, pero de momento, en todas as reunións mantidas, todos estaban de acordo co 1 de xullo", explicou Rueda. O vicepresidente pediulle á sociedade "moito sentidiño" ante o levantamento das restricións sanitarias en vigor desde esta noite. "Que nos podamos reunir non significa que non haxa que gardar as garantías sanitarias ou que o virus non siga entre nós", insistiu Alfonso Rueda, que deixou en mans do Comité Clínico o levantamento da obrigatoriedade da máscara en espazos abertos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta