Galicia enlaza dous días sen comunicar falecidos por covid

A conta da pandemia en Galicia mantense en 2430 persoas falecidas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2021 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde non comunica falecidos que padeceran covid-19. A nova supón así dous días seguidos sen mortes vencelladas á pandemia, xa que na xornada do sábado pasado tampouco foron rexistrados falecementos de persoas con covid-19. A conta da pandemia queda así cun saldo de 2430 persoas. 

Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

O venres a Consellería de Sanidade si informou de dúas mortes, rexistradas un día antes, o 10 de xuño. En concreto, tratouse de dúas mulleres de 64 e 88 anos que permanecían ingresadas en Vigo e A Coruña, respectivamente. Conforme aos datos facilitados polo departamento autonómico, ambas presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta