Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 12:14
O investigador da USC Dominic Royé acaba de ser recoñecido co galardón ‘Roser Majoral Moliné’ ao mellor artigo en revistas científicas de Xeografía estranxeiras. A investigación que aborda a predición das secas a través de modelos matemáticos está tamén asinada por Robert Monjo Agut da Universidad Complutense de Madrid (UCM) e Javier Martín Vide da Universitat de Barcelona (UB).
A investigación premiada analizou o comportamento de todos os períodos sen chuvia dende 1979 ata 2016, e comparounos con conxuntos de Cantor,que fai referencia ao fractal, un obxecto xeométrico cuxa estrutura básica repítese a diferentes escalas , e que podemos observar, por exemplo, no brócoli ou nas pólas das árbores. O traballo destes investigadores proba que o comportamento das secas climáticas pode modelarse deformando en maior ou menor medida os ocos (períodos secos) do conxunto orixinal de Cantor.
A sétima edición do premio ‘Roser Majoral Moliné’, convocado pola Asociación Española de Geografía (AGE), recoñece a proxección internacional da investigación xeográfica nos seus diferentes campos
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.