Isabel Bravo gaña o premio "Somos Esenciais" pola peza "Cando as preguntas aínda non tiñan respostas"

O Colexio de Xornalistas de Galicia fixo tamén mención especial ao xornalista Angel Paniagua Pérez.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2021 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

Isabel Bravo, da Radio Coruña - Cadena Ser, gaña o Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais' 2020. O premio, dotado con 1.500 euros, foi convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis, e decidiu premiar á xoranalista pola peza "Cando as preguntas aínda non tiñan resposta". O xurado decidiu conceder tamén unha mención especial como finalista á reportaxe "La uci del covid, desde dentro: «No somos héroes»", publicada por Ángel Paniagua en La Voz de Galicia. Os membros do xurado destacaron a capacidade da comunicadora para "pór en valor a información local e darlle voz ás fontes expertas no primeiro día de estado de alarma".

Isabel Bravo, xornalista.
Isabel Bravo, xornalista. | Fonte: Fonte: Cadena SER.

Así mesmo, concedéuselle unha mención especial como finalista ao xornalista Angel Paniagua Pérez, pola reportaxe "La uci del covid, desde dentro: «No somos héroes»", publicada en La Voz de Galicia o 18 de abril de 2020 (e dispoñíbel na edición dixital baixo o título "En la uci del covid-19: «No te vas a morir, por eso estás aquí»"). O xurado salientou o valor desta peza como retrato sobre as UCIs nos primeiros momentos da pandemia.

Os membros do xurado quixeron deixar constancia da alta calidade dos traballos presentados, que reforza a necesidade do nacemento desta iniciativa como recoñecemento do labor dos e das profesionais da comunicación durante a crise sanitaria, como canle esencial para a información da cidadanía. Un total de 39 traballos foron presentados ao galardón, que abranguían pezas con distintos enfoques de todos os formatos xornalísticos.

Debido ás restricións impostas pola pandemia, a entrega do premio realizarase nun acto pechado, do que se informará proximamente a través da páxina xornalistas.gal e do resto das canles habituais de comunicación do Colexio de Xornalistas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta