Cuarto día consecutivo sen mortos pola covid-19 en Galicia

A cifra de vítimas mortais mantense en 2.430.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/06/2021 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade non comunicou o falecemento de ningunha persoa diagnosticada coa covid-19 na xornada deste luns, por cuarto día consecutivo.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibe a vacina contra a covid-19 en Ourense
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, recibe a vacina contra a covid-19 en Ourense | Fonte: Parlamento de Galicia.

Deste xeito, a cifra de vítimas mortais en Galicia desde o inicio da pandemia mantense en 2.430.

O venres, a Consellería de Sanidade si informou de dúas mortes, rexistradas un día antes, o 10 de xuño. En concreto, tratouse de dúas mulleres de 64 e 88 anos que permanecían ingresadas en Vigo e A Coruña, respectivamente.

Conforme aos datos facilitados polo departamento autonómico, ambas presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta