Oito mariscos diferentes para celebrar a I Festa das Cunchas en Pontevedra

O proxecto Pontevedra Capital Gastro ofrecerá múltiples actividades e degustacións de marisco entre os días 18 e 30 de xuño

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Pontevedra acollerá entre o 18 e 30 de xuño a I Festa das Cunchas, un evento gastronómico do proxecto Pontevedra Capital Gastro. O protagonista desta celebración gastronómica é o marisco da ría (berberechos, ameixas, escupiñas. navallas, vieiras, zamburiñas e mexillóns), que se poderá degustar e coñecer máis sobre este produto en diferentes actividades.

Presentación da I Festa das Cunchas
Presentación da I Festa das Cunchas | Fonte: Concello de Pontevedra

O programa desta festa gastronómica porá en valor a importancia dos diferentes mariscos das rías e ofrecerá a posibilidade de degustar cada un deles. Coa I Batalla das Cunchas, diferenes cociñeiros competirán cociñando cada un un marisco diferente o 30 dexuño ás 18:00h na Alameda. As Xornadas Gastronómicas celebraranse só na fin de semana, os días 19, 20, 26 e 27 de xuño, e ofreceranse diferentes receitas nos locais colaboradores. Ademais, destacan tamén a realización dun roteiro de Petiscos, excursións en embarcacións tradicionais, e a creación do premio Loureiro de Ouro. 

A Concelleria de Promoción Económica e Turismo en Ponteverdra, Yoya Blanco, definiu o evento como "unha celebración única en España" na presentación da I Festa das Cunchas, na que se ensinou o vídeo promocional e tres chefs e un cocteleiro realizaron pratos en diecto cos diferentes mariscos, ademais de 

A programación completa pode consultarse na páxina do Concello de Pontevedra, a través da cal tamén se poden reservar as prazas para as excursións en embarcacións navais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta